InicioMovementos sociaisInverno quente contra a impunidade no caso Carioca

Inverno quente contra a impunidade no caso Carioca

A plataforma cidadá inicia coa recollida de sinaturas a campaña de presión para esixir ás autoridades que se persoen como acusación no caso Carioca

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma contra a impunidade no Caso Carioca tenta que Concello de Lugo e Xunta de Galicia se persoen como acusación popular contra a maior trama de trata de mulleres do Estado. Entenden que o posicionamento da Fiscalía provocará a caída das pezas aínda por investigar, un total corenta e sete, como aconteceu coa vencellada ao club Liverpool do Corgo. Ante o temor de que a maioría dos imputados queden fóra do proceso, anuncian novas accións para motivar o debate político e forzar a intervención institucións públicas.

Logo da proxección do documental Benvidas ao Club, a Plataforma aumenta a presión a través da recollida de sinaturas que comezou este mércores na Praza Maior de Lugo. É o preludio dun inverno quente que aumentará en intensidade e visibilidade despois do Nadal, coa vista nos comicios de maio. Recoñecen que hai escasa garantía en calquera compromiso que poidan facer as institucións.

A situación é a que segue. A Fiscalía desistiu de acusar a unha vintena de investigados na peza principal da operación Carioca, correspondente ao club Queens de Lugo; idéntico proceder tivo cando en decembro de 2017 pediu o arquivo da peza do Liverpool, deixando sen castigo a prostitución de dúas menores. Intúen na Plataforma que contan con dous meses, catro no escenario máis optimista, para evitar que o criterio do Ministerio Público prevaleza e as eventuais penas sexan reducidas á mínima expresión.

Así as cousas, foi tamén a Fiscalía a responsable da separación en múltiples pezas, ralentizando o proceso e desdebuxando a trama. No canto de afrontar unha mafia organizada, converteu o caso nunha suma de delitos illados, reducindo a gravidade dos delitos. Cómpre entender que na Carioca hai involucradas testemuñas protexidas, menores e mulleres sen papeis, algunhas xa de regreso nos países de orixe.

Na Plataforma denuncian que as fiscais –Nuria Fernández Pérez e Belén Quintela López– tentan defender aos axentes das forzas de seguridade do Estado en conivencia coa trama de proxenetismo. Un dos axentes implicados na peza do Liverpool, e que aparece en varias máis, traballaba na unidade encargada de perseguir os delitos de trata. “Iso é o que nos preocupa, que poida seguir traballando con novas vítimas”. “Polo menos, deberían pasar por xuízo e demostrar que non cometeron delito algún”.

A participación da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo na acusación popular permitiría a necesaria visión de conxunto, dada a complexidade e o número de pezas. Para persoarse poderían empregar medios propios, ou ben contratar asesores por concurso público, para evitar a saturación dos servizos xurídicos.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...