InicioMovementos sociaisA Federación de Veciños vixiará os retrasos hospitalarios

A Federación de Veciños vixiará os retrasos hospitalarios

O colectivo veciñal acordou facer un seguimento da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte e pon a disposición contactos para a denuncia de problemas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Veciños da Provincia de Lugo terá un papel activo na fiscalización das listas de espera e servizos hospitalarios. Así o decidiu a comisión permanente debido á “alarmante situación” detectada na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo, Cervo e Monforte.

O seguimento do correcto labor do Sergas por parte da Federación ten carácter xeral, mais adicando especial atención a varias funcións problemáticas na provincia. Trátase dos departamentos de Cardioloxía, Resolución Cardiolóxica, Traumatoloxía, Xinecoloxía, Uroloxía, Oftalmoloxía, Dermatoloxía, Neuroloxía, Cirurxía Vascular, Rehabilitación, Densiometrías, Pediatría e Hemodinámica.

Así, a Federación avaliará casos de “tardanza desmesurada” na resposta e na devolución de resultados de probas, problemas en urxencias ou no Servizo de Atención ao Paciente, desvíos a clínicas privadas, falta de celadores e cadeiras abondo, mantemento cotián, tabaquismo no ámbito hospitalario, dispoñibilidade de televisión e internet, e inconvintes vencellados ao parking interior.

Dende o colectivo apostan por pluralizar este control e habilitan tres xeitos de contacto para denunciar demoras ou servizos insuficientes. Os usuarios poderán contactar coa Federación, coa condición de trasladar o tipo de especialidade, a data de consulta e data do servizo, así como un contacto telefónico, a través do 982-203-721, e os correos   fedveclucusa@gmail.com e ciudadaniaesaude@gmail.com.

Carballo: “Na Federación non queremos molestar, pero ás veces hai que facelo”

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...