InicioSucesosO tráfico ferroviario en Lugo, detido durante algo máis dunha hora este...

O tráfico ferroviario en Lugo, detido durante algo máis dunha hora este mércores por un atropelo nas vías

Nada se puido facer por salvarlle a vida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tráfico ferroviario en Lugo quedou paralizado durante algo máis dunha hora este mércores por mor dun atropelo rexistrado nas súas vías. Persoal de seguridade de Renfe informou de que o home fora atropelado ao acceder ás vías do tren á altura da Rúa Garaballa de Abaixo.

Co fin de prestar asistencia á vítima, os xestores do 112 solicitaron a intervención dunha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Nacional. Non se puido facer nada pola vida do home.

Si se interrompeu o tráfico ferroviario o tempo que duraron os traballos para a inspección dos feitos e a retirada do corpo sen vida do home. Cara ás 23,30 horas deste mércores reactivouse a circulación de trens.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...