InicioSociedadeA acusación popular lamenta que non se incluíse o agravante de violencia...

A acusación popular lamenta que non se incluíse o agravante de violencia machista no crime das Gándaras

"Hai que ter en conta esa circunstancia de dominación, de control, dado que lle impedía chamar a outras persoas ou ter contacto con outros homes", sinala a Fundación Amigos de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A acusación popular, que encarna a Fundación Amigos de Galicia, lamentou que non se incluíse o agravante de violencia de xénero no fallo do tribunal de xurado que considerou culpable de asasinato ao home que matou a Clara Expósito no barrio das Gándaras, Javier Belda. No entanto, valorou “positivamente” a declaración de culpable do asasino que cometeu o delito en febreiro de 2020.

O tribunal de xurado, na noite deste mércores despois de tres días de xuízo na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo declarou culpable de asasinato ao home acusado de matar a Clara, unha muller de 49 anos, nas Gándaras, o 7 de febreiro de 2020.

O tribunal non tivo en conta a agravante de violencia de xénero –está pendente a reforma da lei en cumprimento do convenio de Istambul que amplía os supostos de violencia machista (como no caso de que non haxa unha relación sentimental)– e considerou que o procesado non tiña minguadas as súas facultades polo alcol ou a droga.

O avogado da acusación popular, Paco Lago, valorou de forma “positiva” o fallo do xurado, aínda que fixo fincapé en que pedían o agravante de violencia de xénero. “Pediamos o agravante de xénero en base a que el exercía unha dominación sobre ela. Aquela manifestación que parece que lle fixo, que esperamos que saia na sentenza, de que ‘como prefires que te mate, a coitelo ou a machete?'”, esgrimiu.

Con todo, Paco Lago valorou “positivamente que non se apreciase ningunha circunstancia modificativa en canto á capacidade do acusado e se apreciase o agravante de parentesco”, no veredicto do xurado. “Había unha convivencia, aínda que esa afectividade desaparecese ao final na aplicación desta circunstancia agravante, o normal é que cando unha persoa agride a outra a afectividade desaparecese en gran edida”, evidencia.

O avogado da Fundación Amigos de Galicia confía que Belda finalmente sexa condenado a unha pena de “entre 20 e 25 anos de prisión”. A acusación popular mantén os 25 anos de prisión, e Lago lembra que “o delito de asasinato está castigado entre 15 e 25 anos e, se concorre unha circunstancia de agravantes, habería que ir á metade superior, o que suporía entre 20 e 25 anos.

“Nós pedimos 25 anos porque é unha condición suficientemente grave e hai que ter en conta as circunstancias persoais do procesado cando cometeu os feitos, a relación que os mantiña unidos, ademais esa circunstancia de dominación, de control dado que lle impedía chamar a outras persoas ou ter contacto con outros homes”, concluíu.

A acusación popular pide 25 anos de condena, do mesmo xeito que a fiscalía e a acusación particular.

ÚLTIMAS

Feridos os dous ocupantes dun coche que sufriu unha saída de vía e impactou contra un muro en Vilalba

Os servizos sanitarios tiveron que prestar atención aos dous ocupantes dun turismo que sufriu...

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...