InicioCultura'Festa da Primavera' en Lugo para dar a benvida á nova estación

‘Festa da Primavera’ en Lugo para dar a benvida á nova estación

Esta celebración está incluída na programación do Arde Lucus Cultural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio de Lugo celebra este sábado a ‘Festa da Primavera’, unha xornada lúdica coa que os lucenses inauguran a nova estación e que está incluída na programación do Arde Lucus Cultural. A alcaldesa, Lara Méndez, e o concelleiro de Xuventude, Mauricio Reppeto, participaron esta mañá na xornada que se celebra na Horta do Seminario.

Alí, a rexedora asistiu a un taller de coiro, actividade coa que arrinca a axenda prevista dunha festa organizada polas asociacións Civitas Lucensis, Clan De Breogán, Lugdunum, Mercenarios Galaicos e Trebas Galaicas. Ademais doutros talleres como o de traballo con barro, inclúense a celebración de vodas celtas e a representación de diferentes ofrendas e rituais, así como un desfile polas rúas da cidade.

Lara Méndez destacou este traballo previo como “parte importante da preparación do ambiente festivo, pero tamén para a difusión e o coñecemento dos costumes do pobo romano e castrense”.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...