InicioLugo e contornaLugoUn centro de Lugo gaña un concurso dixital para visibilizar á muller...

Un centro de Lugo gaña un concurso dixital para visibilizar á muller emprendedora

Participaron máis de 700 alumnos de 18 centros de FP de Galicia.

PUBLICADA O

Novos actos e campañas en favo da visibilidade feminia. A Fundación Taller de Solidariedade (TdS) organizou, días atrás e co financiamento da Xunta de Galicia, un quiz virtual que congregou a 700 estudantes de 18 centros de FP de Galicia sobre o empredemento feminino. O resultado do concurso deu como gañador claro ao Centro de Formación de Audiovisuais da Deputación de Lugo, ao que pertence o alumno con mellor resultado nas probas e que acumula, á parte, a maior porporción de respostas acertadas en menor tempo.
A conclusión do concurso desenvolto é que “se e está avanzando no coñecemento que ten a mocidade en materia de emprendemento feminino, “pero que aínda queda moito por facer”, como recoñece a integrante do grupo Bala, Ánxela Baltar, que xunto á compañeira de conxunto Violeta Mosquera conduciu o concurso.
O certame desenvolto a partir da popular web Kahoot deu como vencedor individual a Sergio Louzao Alonso, do nomeado centro de Lugo, a quen, en respostas correctas, seguiron Manuel Santomé Ferrín, do colexio San José da Guía –de Vigo– e Pablo Balseiro Nodon e Guido Julián Calvo, ambos do IES Urbano Lugrís da Coruña, que comparten terceiro posto.
Dende a organización detalla que a emisión tivo lugar en directo a través da canle de Youtube de Taller de Solidariedade o pasado 19 de novembro entre as 10:00 e as 11:00 horas, pero os centros que queiran conseguir o  Kahoot para xogar co seu alumnado poderán descargarllo a través desta ligazón da web de Taller de Solidariedade, onde estará dispoñible nos próximos días. Este evento enmárcase no programa de sensibilización e Educación para a Cidadanía Global Enredadas non Cambio, que  TdS puxo en marcha este ano en Galicia para “visibilizar as diferentes problemáticas que enfrontan as mulleres á hora de emprender a nivel internacional”.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...