InicioSociedadeA Deputación destina 8.000 euros a renovar a colaboración con Expomar

A Deputación destina 8.000 euros a renovar a colaboración con Expomar

Este venres o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou na celebración do 30 aniversario da Asociación de Veciños da Milagrosa, a quen felicitou por todo este tempo "facendo comunidade e convivencia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo renovou o apoio que concede á Fundación Expomar, cunha achega de 8.000 euros por parte do ente provincial.

Este venres, o presidente da Deputación, José Tomé, asinou un convenio co presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano.

Este apoio busca fomentar actividades promocionais do sector de pesca como as feiras Expomar e Produar, que desenvolve esta entidade, adaptándoas á situación sanitaria.

Noutra orde de cousas, este venres o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou na celebración do 30 aniversario da Asociación de Veciños da Milagrosa, a quen felicitou por todo este tempo “facendo comunidade e convivencia”.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...