InicioEconomíaMáis de 5.000 lucenses seguen en ERTE tras case un ano de...

Máis de 5.000 lucenses seguen en ERTE tras case un ano de pandemia

O expedientes de regulación temporal en Galicia medraron case un 50% no mes de febreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia pechou o mes de febreiro con 46.665 traballadores en ERTE, o que supón 15.357 máis que o último día de xaneiro, un incremento de case o 50%, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Do total de 46.665 persoas nun Expediente de Regulación Temporal de Emprego neste mes marcado polas restricións do coronavirus en Galicia, 19.012 son homes e 27.653 son mulleres. Se se toma como referencia a cifra media, no canto do último día do mes, son 47.207 persoas en ERTE en Galicia en febreiro, neste caso 17.468 persoas máis que a media de xaneiro (29.739), unha alza media do 58,7%.

Por provincias, os traballadores en ERTE o último día do mes eran 21.504 na Coruña, seguida de Pontevedra (15.622), Lugo (5.072) e Ourense (4.467). Do total de persoas en ERTE, 7.268 están nun expediente por forza maior e 3.042, non por forza maior. A eles súmanse as 36.355 persoas nas novas figuras de ERTE por impedimento, limitación, cadea de valor, entre outros.

DATOS ESTATAIS

O número de traballadores en expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) pechou o mes de febreiro en España en 899.383 persoas, o que supón 28.903 traballadores menos que en xaneiro na serie revisada e 160.414 máis en función da data de notificación.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Ferido un condutor que circulaba en sentido contrario pola A-6 ao chocar cun microbús en Guitiriz

Un condutor resultou ferido na madrugada deste domingo tras circular en sentido contrario pola...

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...