InicioSociedadeA Xunta asina os plans de transporte metropolitano con oito concellos lucenses

A Xunta asina os plans de transporte metropolitano con oito concellos lucenses

Firmáronse convenios con Friol, Guntín, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Rábade, Castroverde, O Corgo e Baleira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta asinou este xoves os convenios cos municipios que forman parte das áreas de transporte metropolitano de Lugo e A Coruña, que abarcan oito e once concellos destas zonas, respectivamente. A administración autonómica achega en total 15,2 millóns de euros durante os próximos catro anos para financiar descontos nos billetes, os transbordos e as bonificacións adicionais aos usuarios recorrentes e familias numerosas.

O plan de transporte metropolitano de Lugo abarca oito municipios das inmediacións da cidade das Murallas: Friol, Guntín, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Rábade, Castroverde, O Corgo e Baleira.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...