InicioSociedadeDetido en Lugo por agredir a súa parella diante do seu fillo...

Detido en Lugo por agredir a súa parella diante do seu fillo de tres anos

Unha chamada ao 092 alertou do sucedido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron un home por un suposto delito de violencia de xénero tras agredir á súa parella diante do seu fillo de tres anos no domicilio familiar.

Segundo informou a Policía Local, na madrugada deste mércores, unha patrulla trasladouse a unha vivenda da rúa Reiseñor porque se recibira unha chamada telefónica na que se “escoitaba unha muller e un neno chorando e un home discutindo”. Despois diso, colgaran o teléfono. A chamada foi devolta dende a Sala do 092 e o operador puido contactar finalmente coa muller, que lle explicou que a súa parella a agredira mentres discutían.

Unha vez no lugar dos feitos, a vítima relatou que o home lle dera unhas labazadas, tiráralle dos pelos e insultáraa. “Todo isto diante do fillo de ambos, de tres anos de idade”, apuntan fontes da Policía Local.

Cando os axentes entraron no domicilio observaron que o home se atopaba no salón sentado no sofá, polo que se procedeu á súa detención por un suposto delito de violencia de xénero. Só manifestou que discutira coa súa parella “de forma acalorada”.

A pesar de que a muller presentaba “a parte dereita da cara inchada e un negrón”, rexeitou asistencia sanitaria. Pola súa banda, o detido foi trasladado a dependencias policiais, co fin da instrución de dilixencias para o xulgado correspondente.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...