InicioSociedadeSeguen subindo os casos na residencia de Outeiro de Rei

Seguen subindo os casos na residencia de Outeiro de Rei

Houbo un novo positivo entre os traballadores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus en residencias de maiores de Galicia sitúanse este luns en 319, entre usuarios (233 afectados) e traballadores (86 casos), segundo os datos trasladados pola Consellería de Política Social. Soben, pola contra, nos centros de discapacidade tras detectarse un novo foco no centro Ricardo baró.

Así, a cifra de maiores contaxiados baixou de 236 a 233, tras o falecemento, nas últimas horas, de tres anciáns procedentes dos centros xeriátricos do Incio, DomusVi Lugo (Outeiro de Rei) e Os Gozos (Pereiro de Aguiar).

Segundo a información notificada por Política Social, a residencia DomusVi de Outeiro de Rei mantense como o principal foco de COVID, con 141 usuarios contaxiados; seguida pola residencia do Incio (59 maiores afectados); e a de Orpea en Culleredo (26 usuarios con coronavirus). A eles súmanse 5 casos entre os usuarios de DomusVi de Lalín, un caso en Castro Ribeiras do Lea, e outro na residencia de Arteixo.

Con respecto aos traballadores de centros xeriátricos, engadiuse un novo caso positivo ao cómputo global (o dun empregado de DomusVi en Outeiro de Rei), de modo que xa son 86 os traballadores afectados. O persoal con maior número de afectados é a do Incio (36 casos), seguida por DomusVi de Outeiro de Rei (23 casos).

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...