InicioSociedadeQuedan en liberdade dous mozos e o seu pai detidos tras unha...

Quedan en liberdade dous mozos e o seu pai detidos tras unha pelexa en Lugo

Están investigados por un delito de malos tratos no ámbito familiar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os dous mozos e o seu pai detidos tras unha pelexa pola ausencia do irmán menor nas últimas 24 horas en Lugo quedaron en liberdade investigados por un delito de malos tratos no ámbito familiar.

Segundo informaron fontes xudiciais, un dos mozos detidos foi posto este mércores a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, en funcións de garda, tras o que o xuíz decretou a súa posta en liberdade provisional comunicada e sen fianza.

Pola súa banda, os outros dous detidos foron postos en liberdade en comisaría. Os tres individuos están investigados por un delito de malos tratos no ámbito familiar.

Foron axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Seguridade Cidadá os que detiveron na tarde noite deste martes a tres homes veciños da cidade, dous mozos de 21 e 24 anos e o seu pai de 49, por unha liorta familiar debido á ausencia do irmán menor nas últimas 24 horas.

Segundo relatou a Policía Nacional, a última hora da tarde do martes recibiuse chamada na sala do 091 da Comisaría da Policía Nacional para requirir presenza policial porque nun domicilio nos arredores da cidade, na parte norte, se producía unha pelexa entre familiares.

LESIÓNS

Á chegada das dotacións policiais, informaron as mesmas fontes, os policías comprobaron que no domicilio estaban dous mozos, “ambos con feridas, golpes e a roupa rasgada”; un home de mediana idade, que resultou ser o pai de ambos; e a nai.

A situación, aínda que tensa, atopábase acougada, manifestando os presentes que se desencadeou a disputa porque o menor dos irmáns estivo fóra de casa as últimas 24 horas, sen ter coñecemento do seu paradoiro. Ante isto, o menor dos irmáns comeza a subir de ton as súas manifestacións contra os proxenitores”, destacou a Policía Nacional.

Daquela, o irmán que estaba na parte superior do domicilio, se personó na zona onde se producía a discusión e tratou de acougar os ánimos, indicou a Policía. Nese momento, o menor arremeteu contra el e o pai tratou de mediar. Entón, converteuse nunha “batalla campal”, subliñou a Policía, momento no que a nai e esposa dos implicados avisou á comisaría.

Froito de todo o sucedido procedeuse á detención dos tres homes por un delito de violencia doméstica. Ao menor dos mozos cónstanlle antecedentes, puntualizou a Policía, que matizou que as lesións foron “todas de carácter leve”, con contusións e golpes producidas na pelexa.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...