InicioSociedadeA provincia de Lugo sobe dos nove aos dezaseis positivos por coronavirus...

A provincia de Lugo sobe dos nove aos dezaseis positivos por coronavirus nun só día

O Sergas contabiliza 239 casos en toda Galicia, con tres falecidos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que, na última actualización deste luns, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 239. Deles, 16 son da provincia de Lugo, onde onte aínda se rexistraban nove positivos.

Na área da Coruña contabilízanse 80 casos, 28 na de Ourense, 26 na de Pontevedra, 46 en Vigo, 37 en Santiago e seis en Ferrol.

Do total, 181 permanecen no domicilio, mentres que nove están a ser atendidos na UCI e 49 están en unidades de hospitalización. Así mesmo, Galicia xa rexistrou as catro primeiras altas de pacientes, pero tamén os tres primeiros falecementos: o último, esta mañá na Coruña, foi un home de 45 anos que sufría patoloxías previas.

O Ministerio de Sanidade, pola súa parte, manexa unhas cifras un pouco superiores e sitúa o número de contaxiados en Galicia. nos 245.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...