InicioPolíticaAnova propón a Fernán Vello como número 1 da candidatura lucense con...

Anova propón a Fernán Vello como número 1 da candidatura lucense con Galicia en Común

Martiño Noriega tamén soaba para este posto, pero finalmente concorrerá pola provincia da Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Coordinadora Nacional de Anova proporá ao exdeputado Miguel Anxo Fernán Vello como cabeza da candidatura por Lugo que a formación nacionalista compartirá coas mareas municipalistas e Galicia en Común.

Entenden que Fernán Vello é un “referente político, pero tamén cultural e literario”, que conta coa “máxima confianza dos homes e mulleres de Anova”, segundo o voceiro da formación, Antón Sánchez. A experiencia acadada tras dúas lexislaturas no Congreso avalaríano para esta aventura, en palabras de Sánchez.

O nome de Martiño Noriega tamén soaba para concorrer pola provincia lucense, pero finalmente foi confirmado para a provincia da Coruña, onde previsiblemente irá de número tres. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...