InicioSociedadeO PP de Lugo insta a mellorar a "nula ou deficiente" iluminación...

O PP de Lugo insta a mellorar a “nula ou deficiente” iluminación nos enlaces da A-6

Instan a Fomento a dar resposta ás continuas queixas con respecto ás saídas do Ceao, A Campiña, O Carqueixo e Nadela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os populares de Lugo presentaron unha iniciativa na Deputación na que instan ao Ministerio de Fomento a pór en funcionamento a iluminación da A-6 nos enlaces coa capital lucense.

“A nula ou deficiente iluminación da autovía A-6 ao seu paso por Lugo nos enlaces do Ceao, A Campiña, O Carqueixo e Nadela é motivo de constantes queixas ao longo dos últimos anos tanto por parte dos usuarios das vías como dos residentes na contorna”, sinalan.

O PP de Lugo asegura que Fomento xa coñece o “problema” pero censura que non lle poña solución.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...

Lectura da lista de finalistas do XXIV Premios Mestre Mateo no Vello Cárcere de Lugo

O Vello Cárcere de Lugo acolleu esta mañá a lectura da lista de finalistas...