InicioSociedadeArquivan a denuncia contra a presidenta do Colexio de Veterinarios de Lugo...

Arquivan a denuncia contra a presidenta do Colexio de Veterinarios de Lugo pola suposta falsificación dunha acta

O xulgado decretou sobresemento da causa ao non atopar feitos constitutivos de delito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado decretou o sobresemento e arquivo das denuncias presentadas polo secretario do Colexio oficial de Veterinarios de Lugo, Juan Carlos Castro Lage, contra a presidenta da entidade, Ana María López Pombo, pola suposta falsificación dunha acta.

A denuncia foi presentada en xaneiro do pasado ano contra a presidenta e outros membros da Xunta de Goberno. O Xulgado de instrución nº1 de Lugo ditou auto de sobresemento provisional un mes despois, aínda que deduciu testemuño ao Xulgado de Garda.

Posteriormente, instruíronse dilixencias previas do Xulgado de Instrución nº3 de Lugo que, con data de 17 de xaneiro deste ano, arquivou a causa ao non atopar feitos constitutivos de delito nin da presunta falsificación, segundo informa a entidade nun comunicado.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...