InicioPolíticaBota a andar a Comisión de festas de San Froilán

Bota a andar a Comisión de festas de San Froilán

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción dá Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a convocatoria da comisión de festas do San Froilán, unha celebración declarada de Interese Turístico Nacional, despois de que o grupo municipal do PP expresase a súa preocupación polo feito de que, a só un mes dos festexos, o programa siga sendo “unha incógnita”.

A edila popular Beatriz Vázquez, en declaracións aos medios de comunicación, lamentou que mesmo “as contas” oficiais de Twitter e Facebook das festas de San Froilán “estean aínda ancoradas” na celebración correspondente ao ano 2018, porque non foron actualizadas desde o pasado ano.

A reunión da comisión de festas celebrarase o venres e, segundo Ferreiro, servirá para “dar conta ao resto de grupos da corporación dos avances realizados na confección desta edición do San Froilán“.

“Desde a Concellería de Cultura non fixemos ningún anuncio relevante durante as últimas semanas por lealdade ao resto dos grupos da corporación“, dixo Ferreiro, quen asegurou que o goberno local está “a traballar con todas as propostas” que lle chegaron “para facer do San Froilán a gran festa do outono galego”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...