InicioSucesosO bebé maltratado en Lugo xa foi operado "satisfactoriamente" no Hospital La...

O bebé maltratado en Lugo xa foi operado “satisfactoriamente” no Hospital La Paz

A conselleira de Política Social, Fabiola García, explicou que a Administración velou polo coidado e benestar do cativo "en todo momento".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O bebé supostamente maltratado polos seus pais en Lugo xa foi operado no Hospital da Paz de Madrid e está “a mellorar”. O cativo fora trasladado alí para ser intervido por un desprendemento de retina, operación que saíu “satisfactoriamente“.

Así o explicou a conselleira de Política Social, Fabiola García, que salientou que, desde que a xuíza asignou á Xunta a tutela do menor, a Administración galega velou “en todo momento polo seu benestar e polo seu coidado”.

Tras lembrar que o caso se atopa baixo investigación xudicial, a conselleira confirmou que o bebé “xa foi intervido” en Madrid dun desprendemento de retina e que a operación “saíu satisfactoriamente”. “Nestes momentos está a recuperarse e está coidado e acompañado”, explicou. Respecto da data prevista para a alta do meniño, Fabiola García instou a ser “prudentes”, aínda que aclarou que o bebé “está a mellorar”.

Finalmente, a conselleira pediu que se algunha persoa “coñece algún caso de malos tratos ou desprotección” dea “a voz de alarma” no Teléfono do Menor (116 111) ou nos servizos sociais municipais. Así poderanse pór en marcha os mecanismos de “protección” da Xunta.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...