InicioSociedadeA Galicia exterior achégase a Portomarín para coñecer as súas raíces

A Galicia exterior achégase a Portomarín para coñecer as súas raíces

O programa Campos de Voluntariado trae mozos estranxeiros ata a nosa comunidade, onde desenvolven actividades de colaboración para coñecer máis sobre a terra dos seus devanceiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa Campos de Voluntariado 2019, con ubicación en Castromaior (Portomarín), facilita que 20 mozos residentes no exterior coñezan Galicia e se acheguen á súa realidade, cultura e historia. É unha maneira de establecer ligazóns directas coa terra dos seus devanceiros. O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado da directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, visitou este luns os participantes desta edición.

Desde o pasado día 20, e ata o vindeiro mércores, os mozos procedentes da Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela están a realizar “actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos”. Desenvolven traballo de campo para poñer en valor o castro de Portomarín, por exemplo, onde tamén levan a cabo visitas teatralizadas mediante as que fomentan que os peregrinos coñezan máis esta zona.

Polas tardes, os mozos realizan un amplo abano de actividades para interrelacionarse coa contorna e visitan ugares emblemáticos de toda Galicia, como a zona vella de Santiago, a muralla romana de Lugo ou as paisaxes da Ribeira Sacra.

+ posts

ÚLTIMAS

Acordo entre Concello e EcoLugo para un plan de limpeza en barrios que necesitan reforzar o servizo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión de traballo con responsables de...

A sede da Deputación sede do debate internacional sobre lonxevidade e coidados

  O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, inaugurou este venres...

Aparatosos accidentes nas estradas: un coche envorcado en Xove e unha condutora rescatada na maleza na Lama

A colisión múltiple en Lugo deixou dous feridos, un deles membro do equipo de vixilancia municipal, mentres que en Pontevedra os bombeiros tiveron que intervir para ceibar a unha muller

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela...