InicioPolíticaBalseiro acusa o Concello de "enredar" a recepción do auditorio por "non...

Balseiro acusa o Concello de “enredar” a recepción do auditorio por “non saber que facer” con el

O goberno local anunciou a solicitude dunha auditoría técnica antes de abrir as instalacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, criticou este venres ao goberno bipartito da cidade por “non saber que facer” co novo auditorio de Magoi, á espera de ser recepcionado polo concello. Acúsaos de estar “enredando” o asunto, en alusión á solicitude dunha auditoría por parte do Concello.

Balseiro afeou que desde o goberno municipal se pida a convocatoria dunha mesa técnica -unha especie de “auditoría– en lugar de contar cun programa para encher de contido esta instalación. “Eu creo que o se pretende con isto é única e exclusivamente enredar, porque o goberno municipal non sabe que facer con esas instalacións que están practicamente concluídas para en calquera momento sentar e chegar a un acordo e facer esa cesión”, subliñou. “Ninguén porá en dúbida as certificacións dos técnicos que fixeron o auditorio”.

Ao seu parecer, estas instalacións trátanse da “mellor infraestrutura cultural” da provincia e lembrou que a Xunta “puxo o terreo” e “22 millóns de euros” para o proxecto.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...