InicioEconomíaXa hai vía libre para construír a primeira gran rúa comercial cuberta...

Xa hai vía libre para construír a primeira gran rúa comercial cuberta en Lugo

Un tribunal desestimou un recurso da COAG. A Xunta tamén emitira un informe negativo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo deulle a razón ao Concello fronte á demanda que interpuxo o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) contra o procedemento de adxudicación do contrato para redactar o proxecto de peonalización e construción dunha cuberta na rúa Quiroga Ballesteros.

Segundo informou o goberno local, a propia sentenza -fronte á que non cabe interposición de recurso algún- recoñece que o Concello de Lugo foi “profusamente respectuoso cos principios que rexen a contratación pública” e imponlle ao COAG “os custos procesuais”.

“Ningún reproche se lle pode esixir á Administración, debendo recoñecer que a actuación administrativa foi escrupulosamente respectuosa co procedemento legalmente establecido, ofrecendo unhas garantías que perfectamente podería ter obviado”, engade a resolución xudicial.

O proxecto en cuestión tamén recibiu un informe desfavorable por parte de Patrimonio, pero a Xunta de Galicia precisou que dito estudo non era vinculante, de modo que o goberno local pode seguir adiante coa cuberta de Quiroga Ballesteros, a rúa na que se atopan o mercado municipal e a praza de abastos, en pleno centro histórico de Lugo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...