InicioEconomíaA Deputación anuncia 300 postos de traballo para asentar poboación no rural

A Deputación anuncia 300 postos de traballo para asentar poboación no rural

Aproba o Plan Único 2022, que suporá unha inxección de preto de 25 millóns de euros nos concellos da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

No pleno extraordinario celebrado este martes, a Deputación de Lugo aprobou por unanimidade un plan de investimentos destinado a creación de emprego e mellora da infraestrutura pública, en Plan Único 2022, que suporá unha inxección de preto de 25 millóns de euros nos concellos da provincia.

Deste montante, o 70% destinarase a reacondicionar vías públicas. Ademais, a institución provincial creará máis de 300 postos de traballo para axudar ao asentamento da poboación no rural.

Con este proxecto, os concellos tamén poderán investir no Servizo de Axuda no Fogar, facendo posible a atención a máis de 3.000 persoas nas localidades de menos de 20.000 habitantes.

A vogal socialista do Goberno, Pilar García Porto, manifestou que o Plan Único mellora a autonomía dos concellos. “Serve para dotar con fondos económicos aos concellos e darlles capacidade de actuación, xa que a maioría son pequenos e por si sós non son capaces de afrontar moitos investimentos”, resolveu.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...