InicioEconomíaTegestacín atrasou "unilateralmente" a negociación do ERE a 70 traballadores, segundo a...

Tegestacín atrasou “unilateralmente” a negociación do ERE a 70 traballadores, segundo a CIG

O sindicato dí que é unha falta de respecto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG denunciou que a dirección da empresa Tegestacín atrasou de forma “unilateral” a primeira reunión para negociar o ERE extintivo que a compañía planea realizar na súa factoría láctea de Outeiro de Rei.

A través dun comunicado, o sindicato asegura que este luns estaba prevista a primeira reunión do período de consultas do ERE pero que o encontro foi posposto “unilateralmente” pola empresa.

As partes foron convocadas de novo para a xornada do martes, un xesto que a CIG interpreta como unha “falta de respecto” e unha mostra da “pouca seriedade” da empresa que xestiona a antiga planta de Leites Pascual en Outeiro.

O peche de planta afectaría aos 70 empregados que traballan na factoría e que este luns recibiron o apoio do rexedor de Outeiro de Rei, José Pardo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...