InicioEconomíaAdif licita por 3,7 millóns obras dentro da liña Ourense-Monforte-Lugo

Adif licita por 3,7 millóns obras dentro da liña Ourense-Monforte-Lugo

Trátase de obras de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas na estación de Monforte de Lemos.

PUBLICADA O

Adif aprobou a licitación das obras de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas na estación de Monforte de Lemos, por un importe de 3.766.577,06 euros (IVE incluído). Segundo informou Adif nun comunicado, os traballos forman parte dos proxectos de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e “perseguen unha dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo”. Estes labores, asegurou, “contribúen ao desenvolvemento doutros obxectivos fundamentais de Adif como a seguridade das circulacións ferroviarias e dos viaxeiros”, engade, “o tránsito e acceso universal dos usuarios e a integración das estacións no ámbito urbano fomentando a cohesión social dunha maneira sustentable”. Os traballos servirán, á súa vez, para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que traerán consigo as actuacións de mellora previstas neste tramo, abundou. Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...