InicioEconomíaAs rebaixas da covid: menos compras e menos emprego

As rebaixas da covid: menos compras e menos emprego

Os consumidores gastarán case 50 euros menos que o pasado ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Entre 40 e 60 euros. Iso é o que baixará, de media, o gasto dos galegos este 2021 nas rebaixas de inverno en relación coas do ano pasado, segundo os cálculos da federación galega de comercio.

Descontos e promocións adiantáronse esta tempada máis que ningunha outra debido ao excedente de existencias nos comercios pola crise da covid-19, que obrigou a pechar as tendas durante o primeiro confinamento e despois impuxo restricións aos aforamentos e á mobilidade.

En declaracións a Europa Press, o presidente da federación de comercio en Galicia, José María Seijas, apunta ás enquisas que auguran un consumo de entre 190 e 200 euros por galego durante estas rebaixas de inverno, que tradicionalmente comezan o 7 de xaneiro. É “bastante menos que nas rebaixas anteriores”, destaca, en referencia a esa caída de entre 40 e 60 euros de media no orzamento de cada consumidor.

Seijas xa vén advertindo nas últimas semanas do retraimiento do consumo nas compras do Nadal, debido á “incerteza” pola pandemia, aparellada aos expedientes de regulación de emprego temporais (ERTE) e ao paro.

Os últimos datos que manexa, relativos a novembro, sitúan a diminución das compras no 5,8% e as previsións para as rebaixas “non cobren as expectativas”, polo que “haberá moitos comercios que sufran”. “A xente non sabe que vai ocorrer. Hai dúbidas sobre se se manterán os traballos, se seguirán os ERTE… Cando hai esta incerteza as vendas se retraen. E vese, porque o aforro está a subir”, expón.

Os descontos, pola súa banda, serán elevados e de feito “xa se observan” do 50%, 60% e ata 70%, segundo indica o responsable dos comerciantes galegos. Neste escenario, avisa de que “o comerciante non pode subsistir porque hai que facer fronte aos gastos” e agora chega o momento de “devolver os préstamos” que se destinaron a afrontar a crise.

MÁIS DE 9.000 CONTRATOS

No relativo á contratación vinculada coas rebaixas, estimacións como a de Adecco sitúan os postos de traballo nesta campaña en máis de 9.000, entre un 5% e un 10% menos en comparación co pasado exercicio.

Por provincias, Pontevedra liderará segundo estes cálculos a campaña galega coa realización de 4.885 contratacións, seguida da Coruña con 3.320 novos contratos. A maior distancia sitúanse Lugo (rozaranse os 490 empregos) e Ourense (case 380 postos de traballo).

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...

O PSOE denuncia que Candia busca “intentar borrar máis dunha década de avances ambientais en Lugo”

O portavoz socialista, Miguel Fernández, denunciou hoxe que o denominado "plan intensivo de limpeza"...