InicioEconomíaTres proxectos aeronáuticos de Lugo, entre os 28 finalistas na terceira edición...

Tres proxectos aeronáuticos de Lugo, entre os 28 finalistas na terceira edición de BFAero

Optan a algunha das sete prazas para entrar na aceleradora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A aceleradora do sector aeroespacial Business Factory Aero (BFAero), impulsada pola Xunta no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, seleccionou 28 proxectos finalistas de entre as 85 candidaturas que se presentaron á fase de selección da súa terceira convocatoria, que optan a sete prazas. Entre eles, tres son iniciativas lucenses.

Estas 28 propostas vinculadas ao sector aeroespacial e dos vehículos non tripulados poderán defenderse este venres 27 de decembro e o luns 30 de decembro nunha entrevista técnica e pitch en liña ante o Comité Executivo. O martes 1 de decembro daranse a coñecer os sete proxectos que finalmente entrarán nesta terceira edición da aceleradora, tres deles en fase de incubación e catro en aceleración.

Galicia é a comunidade autónoma que máis proxectos achega nesta fase final, con dez (catro da provincia de Pontevedra, tres da Coruña e tres de Lugo). Os restantes proceden de Madrid (7), Cataluña (3), Comunidade Valenciana (3), Castela e León (2), Asturias, Euskadi e Aragón, cunha candidatura cada unha.

No referente ao tipo de programa ao que optan, a metade aspiran a entrar na fase de incubación e os 14 restantes na de aceleración. En canto ás áreas temáticas dos finalistas, destacan os proxectos relacionados coas tecnoloxías habilitadoras e co tratamento de datos e información, seguidas da automatización, cargas de pago e sistemas, deseño e produción, navegabilidad e fabricación. Tamén hai un proxecto finalista da nova área introducida nesta convocatoria para solucións contra a covid-19.

CALIDADE

Os promotores de BFAero destacan o alto nivel técnico e calidade da maioría das 85 candidaturas empresariais presentadas nesta edición, o que fixo que excedesen o número mínimo de proxectos finalistas establecido nas bases da convocatoria. As normas contemplaban unha selección dun mínimo de 12 propostas finalistas (dúas delas elixidas por votación popular na web e 10 delas seleccionadas polo Comité Executivo). Finalmente son 28 os proxectos que pasan á fase final (os dous da votación popular máis 26 que pasaron a primeira criba do Comité).

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...