InicioEconomíaUns cen bares da provincia dixeron adeus dende o inicio da pandemia

Uns cen bares da provincia dixeron adeus dende o inicio da pandemia

É a estimación que fai a Asociación Provincial de Hostaleiros, que destaca que o peche deste sector "arrastra" outro tipo de negocios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dende o inicio da pandemia pola Covid-19, na provincia de Lugo pecharon máis de cen bares entre os 3.000 que hai, cifra na que tamén se inclúen os locais de lecer nocturno.

Así o sinalou este luns o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, quen incidiu en que “poderían ser máis de cen, coa consecuente destrución de emprego” que iso implica. Segundo puntualizou, estes datos serán máis “fiables” na primeira quincena de xaneiro.

Ademais, Real fixo fincapé na “transversalidade tremenda” da hostalaría, pois “arrastra a outros sectores e iso ponse de manifesto nas cidades e pobos onde a hostalaría está pechada”. “Acabouse o dinamismo e a frecuencia diaria de visitas aos comercios. Non hai esa alegría, mesmo hai medo. A situación é moi difícil”, advertiu o presidente desta asociación.

Os empresarios de hostalaría de Lugo participarán este martes na protesta convocada en Santiago de Compostela para “mostrar a indignación e toda a situación que atravesa o sector da hostalaría e o turismo”.

Na manifestación, sinalou Cheché Real, tamén “se porá de manifesto a situación que atravesa o aloxamento” que, malia non ter que pechar obrigatoriamente, está a verse afectado polos peches perimetrais e confinamentos.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...