InicioEconomíaA alcaldesa de Lugo condena a actitude de Alcoa e aposta por...

A alcaldesa de Lugo condena a actitude de Alcoa e aposta por unha intervención da multinacional

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, condenou a “actitude de Alcoa” á que acusa de actuar de “mala fe”, no proceso de venda e de mantemento dos máis de 1.100 postos de traballo da factoría de San Cibrao (Cervo).

Méndez defendeu que “hai que darlle unha solución“. “Estamos a falar dunha industria tremendamente importante xa non só na Mariña, na provincia ou en Galicia senón para España dado que é a única industria” que produce aluminio, indicou. Así, apelou á necesidade de “buscar unha solución” e subliñou que as administracións deben implicarse “para poder manter a factoría e manter así os postos de traballo, e a riqueza que xera”.

Interpelada sobre cal sería a mellor “fórmula xurídica”, a alcaldesa de Lugo, orixinaria de Cervo, recoñeceu non saber cal podería ser a vía “máis factible” das que se comentan: unha intervención, unha expropiación ou a nacionalización.

Con todo, Lara Méndez insistiu “en buscar unha solución ou unha alternativa” para, a continuación, “condenar a actitude que está a ter e estivo a ter Alcoa ata a data, actuando con mala fe”.

O Goberno central estivo sempre onde está agora, tentando defender os intereses dos traballadores, os intereses como país de manter unha industria importante. Esta postura de buscar sinerxías entre dúas administracións (Xunta e goberno central) quizá chega un pouco tarde pero temos que mirar para adiante e buscar unha solución conxunta”, resolveu.

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

A Deputación de Lugo vende cinco parcelas en dous polígonos industriais da provincia

Cinco novas parcelas industriais foron adquiridas nos polígonos de Paradela e Begonte nunha operación...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...