InicioEconomíaMáis de mil persoas protestan en Lugo contra o inicio do ERE...

Máis de mil persoas protestan en Lugo contra o inicio do ERE de Alcoa

Os obreiros esixen á Xunta e ao Goberno a intervención da planta de San Cibrao para frear o "ataque" á industria do aluminio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A dirección de Alcoa volveu reunirse co comité de empresa, de novo nun restaurante de Lugo, para iniciar este xoves o período formal de consultas do proceso de despedimento colectivo que podería rematar con 534 traballadores da fábrica de aluminio primario de San Cibrao na rúa, ademais de co despedimento doutros 400 empregados de empresas auxiliares.

Segundo expuxo o presidente do comité, José Antonio Zan, a multinacional iniciou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) baseado en “cuestións organizativas produtivas e económicas”, no que polo de agora non trascendeu a identidade dos traballadores afectados aínda que “non fai falta, pois todos sabemos quenes son”. O recorte produtivo suporía, en realidade, baleirar de contido a factoría, co peche da electrólise, o cese da produción de ánodos, de metal líquido e das actividades relacionadas, así como da elaboración de tochoslingotes e de parte da factura de placas de fundición.

“O QUE BUSCA A EMPRESA É METER AQUÍ ALUMINIO QUE FABRICA NO ESTRANXEIRO”

“O que buscan é unha deslocalización total, xa que acaban coa última planta de aluminio pero eles (Alcoa) poden seguir metendo o metal aquí; actualmente meten máis dun millón de toneladas en España e Europa. Tráeno de Arabia Saudí e de Noruega, tamén de África, pois tamén o traen de Mozambique“, expuxo.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...