InicioEconomíaA Deputación de Lugo renovou o convenio de colaboración coa Fundación Feiras...

A Deputación de Lugo renovou o convenio de colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións

A Deputación provincial de Lugo renovou o convenio de colaboración coa Fundación de Feiras e Exposicions de Lugo por un importe de 60.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación provincial de Lugo renovou o convenio de colaboración coa Fundación de Feiras e Exposicions de Lugo por un importe de 60.000 euros.

O deputado de colaboración cos concellos, Pablo Rivera, anunciouno tras a xunta de goberno e explicou que con esta subvención “trátase de contribuír a unha das citas máis importantes que é Equigal (Salón Internacional do Cabalo) e Expolugo rural que se celebra este fin de semana”.

Rivera informou tamén de que se acordou “ampliar ata decembro de 2022 o período de vixencia dun convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Deputación e o Concello de Monforte para financiamento e execución e entrega de obras de mellora da rede de saneamento de Monforte por un importe de 1,4 millóns de euros”.

Así mesmo, Pablo Rivera apuntou a aprobación das “bases de selección das persoas usuarias” para o programa ‘Lugotermal’, “e a partir do luns 7 de outubro aparecerán as bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia” (BOP), abundou.

SAN FROILÁN

Rivera compareceu en rolda de prensa acompañado da vicepresidenta da Deputación provincial, a nacionalista Maite Ferreiro, que xa como concelleira de Cultura do Concello de Lugo quixo animar a participar das Festas de San Froilán que arrincan este venres.

Ferreiro sobre as patronais de Lugo, que se celebran ata o 12 de outubro, destacou que as reservas hoteleiras se sitúan por enriba do 90 por cento, e iso “é un bo síntoma”.

“O San Froilán sempre foron as festas do outono galego, e entón son unhas festas moi participativas, son as festas para vivilas na rúa. Esperemos que sexa un ano de moitas visitas porque nós tamén tentamos facer un programa para todos os públicos, onde teñan cabida distintos estilos musicais”, concluíu a vicepresidenta provincial.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...