InicioEconomíaCervantes, un dos concellos máis pobres de España

Cervantes, un dos concellos máis pobres de España

Esta localidade ten 42.000 euros menos de renda anutal media que o concello que máis ten, Pozuelo de Alarcón, en Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

11.046 euros ao ano, menos de 1.000 euros ao mes. Iso é o que teñen, de media, os veciños de Cervantes para poder vivir. Este concello da montaña lucense é o quinto municipio con menos renda do estado, só superado por outros catro concellos de Badaxoz. No polo contrario, madrileños, cataláns e valencianos son os que máis renda teñen. Son os datos que fixo públicos o ministerio de Facenda referidos a 2016.

Segundo os datos publicados pola Axencia Tributaria, a renda bruta media de España sitúase en 21.367 euros. Pola súa banda, a renda dispoñible media é de 25.950 euros. Por comunidades, Madrid e Cataluña teñen a maior renda media dispoñible, mentres que Estremadura, Castela-A Mancha e Andalucía, son as que menos.

Catro municipios de Badaxoz son os que menos renda dispoñible media teñen (Zahínos, Fuenlabrada de los Montes, Higuera de Vargas e La Parra) cunha renda media dispoñible desde os 10.376 euros até os 11.029 de La Parra. O quinto lugar é para Cervantes, con 11.046 euros.

Pola súa banda, a localidade madrileña de Pozuelo de Alarcón é a cidade de España con maior renda dispoñible media (entre as de máis de mil habitantes), en concreto 53.428 euros anuais. A contía é un 21,3% superior á rexistrada no exercicio 2013, primeiro ano no que se realizou esta estatística. A renda bruta media desta localidade ascende a 72.993 euros, un 20,2% maior que tres anos antes. Séguelle Matadepera, municipio de Barcelona da comarca do Vallés occidental, con 40.814 euros de media, o que implica un incremento do 9%, mentres que o terceiro lugar ocúpao Boadilla del Monte (Madrid), con 40.326 euros, cun crecemento dun 11,8% en tres anos.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...