InicioDeportesUn Breogán moi inferior perde unha oportunidade (95-62)

Un Breogán moi inferior perde unha oportunidade (95-62)

Os breoganistas foron apalizados dende o comezo e seguen penúltimos con oito vitorias

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu na súa visita a Movistar Estudiantes no Wizink Center (95-62) na vixésimo sétima xornada da Liga Endesa e os madrileños recuperáronlle o average directo.

Pese ao 0-2 de Johan Löfberg na primeira xogada, o Breogán foi moi inferior dende aí. Movistar Estudiantes exhibiuse nas triplas e chegou ao descanso gañando 47-29. Os madrileños atopaban tiros factibles e amosábanse moito máis eficaces en ámbalas dúas pistas. Só aparecía o poderío de Volodymyr Gerun na pintura e dúas triplas de Alec Brown na primeira parte. Ray McCallum tentábao coas súas penetracións, pero estaba moi solo. Na segunda metade, non houbo partido até o 95-62 definitivo.

O máximo anotador breoganista foi Ray McCallum, con 26 puntos, seguido por Volodymyr Gerun, con 8.

Os lucenses son decimosétimos con oito vitorias, mesmos triunfos que UCAM Murcia, decimosexto e que salvaría a categoría arestora.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...