InicioDeportesGipuzkoa Basket apaliza a un Breogán inocuo (100-65)

Gipuzkoa Basket apaliza a un Breogán inocuo (100-65)

Os lucenses apenas competiron, foron amplamente superados dende os primeiros intres en tódolos aspectos do xogo, salvo no segundo cuarto coa dirección do base Ricardo Úriz cando o equipo se colocou a catro puntos de desvantaxe

PUBLICADA O

- Advertisement -

Delteco Gipuzkoa Basket, colista con catro vitorias antes do partido, apalizou ao Cafés Candelas Breogán (100-65) dende os primeiros intres superando amplamente aos lucenses en tódolos aspectos do xogo. Os breoganistas foron unha caricatura en mans dun rival directo pola permanencia que, incluso, remontou o “basket average” da primeira volta, cando os lucenses venceron por 13 puntos.

Dúas triplas consecutivas de Miquel Salvó comezaron a abrir as primeiras diferenzas. O ala-pivote Beka Burjanadze, ex Basquet Coruña, exhibiuse dende o comezo.

Gipuzkoa rematou o primeiro cuarto xa cunha vantaxe de 15 puntos (32-17). A partir de aí, víronse os únicos minutos dignos do Breogán, cando, coa dirección de Ricardo Úriz, o equipo colocouse a catro puntos. Antes e despois, a nada. Ao descanso, 52-30 a prol dos donostiarras. No terceiro cuarto, sen atisbos da reacción dos lucenses, que só anotaron 12 puntos no terceiro período. O Breogán só foi quen de gañar por un punto o derradeiro cuarto para finalizar o marcador con paliza (100-65).

Beja Burjanadze, ex Básquet Coruña, foi o máximo anotador do partido, con 30 puntos.

Ricardo Úriz foi o breoganista máis valorado con 13 puntos, 4 asistencias e 1 rebote para 16 créditos valorativos.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...