Ricardo Úriz: “O parón veume moi ben, voume atopando cada día moito mellor”

O base pamplonés considera que "Obradoiro, no seu feudo e ante a súa afección, xoga con moita confianza", polo que os lucenses deberán "ter moito coidado con ese ritmo, esas rachas"

Ricardo Úriz e a afección, durante a Copa Princesa 2018. Foto de cbbreogan.com

Ricardo Úriz, base de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa á visita breoganista a Monbús Obradoiro no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela este sábado a partir das 18 horas na vixésimo primeira xornada da Liga Endesa.

Úriz afirmou que “Obradoiro, no seu feudo e ante a súa afección, xoga con moita confianza”, polo que os lucenses deberán “ter moito coidado con ese ritmo, esas rachas que teñen eles na casa”. O base pamplonés considera que os composteláns “parten coma favoritos” e ámbolos dous contrincantes “chegan nun moi bo momento”. Explicou que o partido é “fundamental” dado o que se están a xogar os lucenses.

A nivel individual, Ricardo Úriz explicou que o parón veulle “moi ben”, vaise “atopando moito mellor cada día” e está “moi ledo polo traballo” que están a facer.

O navarro lembrou que na primeira volta o Breogán conseguiu que Obradoiro “non tivera ese ritmo de anotación” e os breoganistas fixeron “un bo traballo a nivel de scouting”.

Natxo Lezkano: “É un partido ilusionante, bonito de ver e deses especiais”

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here