InicioDeportesSobresaliente mellora dun Club Deportivo Lugo superior ao Levante U.D. (1-1)

Sobresaliente mellora dun Club Deportivo Lugo superior ao Levante U.D. (1-1)

Os lucenses adiantáronse cun gol de Cristian Herrera e empatou Borja Mayoral na segunda metade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo empatou (1-1) na ida de dieciseisavos de final da Copa do Rei contra o Levante Unión Deportiva no estadio Ángel Carro.

Os lucenses foron netamente superiores na primeira metade creando ocasións, sendo verticais, agresivos nos balóns divididos e nos duelos, así como defendendo con bloque alto.

Aos dous minutos, Dani Escriche tivo a primeira opción despois dun centro de Luis Ruiz, moi profundo durante todo o partido, mais o dianteiro castellonense cabeceou alto. No minuto seis, o Levante tivo a primeira opción nun contragolpe, pero Raphael Dwamena, nunha cabalgada pola banda dereita, non atopou liña de pase para que finalizase Borja Mayoral. Aos once minutos, o gol do Lugo. Contragolpe, Antonio Campillo conduce, dispara e Cristian Herrera marcou no rexeite tras unha primeira intervención de Aitor Fernández, porteiro visitante. O Lugo castigaba atacando os espazos en cada intento de ataque do Levante. Mediada a primeira parte, Juan Muñiz finalizou axustado, pero fóra, preto do segundo pau nun golpeo de calidade. Tres minutos despois, Giorgi Aburjania centra e Aitor Fernández desviou de puños a ocasión de perigo albivermella. Dende aí, mellorou o Levante. Pero as ocasión seguiron sendo maioritariamente do Lugo. No minuto 34, contragolpe do Lugo novamente, centra Giorgi Aburjania e o Levante despexou a saque de esquina. No minuto 41, nova contra que remata Cristian Herrera disparou alto dende fóra do área. Ao borde do descanso, Sanjin Prcic´golpeou un zurdazo forte dende o borde do área e Alberto Varo, porteiro titular novamente do Lugo, despexou a saque de esquina.

No comezo da segunda metade, ocasión de Jona Mejía, que entrou no descanso, que non atopa portería e remata en saque de esquina. Segundos despois, Bernardo Cruz rematou fóra tras o córner. No minuto 50, falta indirecta de Samu García que, despois dunha peiteada de Cheick Doukouré, Varo desviou a saque de esquina. Pero, no minuto 53, gol do empate do Levante: pase filtrado de Samu García e Borja Mayoral, de tiro cruzado, igualaba o partido. Mayoral puido marcar o 1-2 no minuto 61, mais o seu disparo petou no longueiro. Juan Muñiz respostaba cunha falta directa que desviaba Aitor Fernández con problemas. No minuto 64, Antonio Campillo avisaba cun disparo raso que blocou Aitor Fernández. Sete minutos despois, Aburjania filtrou un pase, Juan Muñiz plantouse ante Aitor Fernández no man a man, pero Aitor desviaba cun pé. Un par de minutos despois, Antonio Luna centraba dende banda esquerda e Samu García cabeceaba, mais Varo desviaba cunha intervención estelar. No 79, voltaba crear perigo o Lugo cun disparo raso e axustado de Campillo dende fóra do área que non colleu portería. Dous minutos despois, Guille Donoso, que entrou no minuto 76, disparou cruzado. Intres despois, contragolpe para o Levante do coruñés Jason Remeseiro, regatea e o seu zurdazo rematou no pau esquerdo da portería de Aitor Fernández e, no rexeite, Borja Mayoral finalizou, pero o seu disparo foi desviado por Iriome, hoxe lateral dereito. Nos minutos finais, o partido morreu en campo do Lugo cun Levante con máis iniciativa no treito definitivo, pero sen atopar o gol.

Nova cara dun Lugo superior maioritariamente, máis vertical e máis intenso.

 

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...