Natxo Lezkano: “Alec Brown vai mellor, incluso viaxará a Burgos e verá el cómo se atopa”

O adestrador breoganista explicou que Emir Sulejmanovic sofre unha "contusión ósea", "é básicamente dor e a dor rematará en mes, mes e pico en desaparecer, en teoría".

Natxo Lezkano. Foto de cbbreogan.com

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra San Pablo Burgos en Burgos o sábado a partir das 18 horas.

Lezkano valorou a situación física da plantilla: “Non foi unha semana sinxela. Temos a Johan Löfberg enfermo. Creo que vai chegar ao partido. As baixas habituais. Emir Sulejmanovic non adestrou en toda a semana. Vai viaxar. Esperemos que xogue. Acaba sempre moi dolorido os partidos e non recupera. Co cal, as vindeiras semanas teremos que empregalo deste xeito”. Sulejmanovic sofre unha “contusión ósea”, “é básicamente dor e a dor rematará en mes, mes e pico en desaparecer, en teoría”. No caso de Alec Brown, “vai mellor, incluso viaxará a Burgos e vera el como se atopa antes do partido, a ver si xoga”.

O adestrador breoganista subliñou que a afección de Burgos “apreta de verdade, é un partido moi bonito de xogar”. Logo, engadiu é un público “quente ben entendido”, unha afección “exemplar”. “Como a nosa”, explicou. Que viaxen afeccionados breoganistas é “un aliciente máis”. “Que se sintan orgullosos de estar representados por nós”, declarou.

Lezkano opinou que San Pablo Burgos é “un equipo que se coñece ben, mesmo corpo técnico e un bloque”, “está a facer as cousas moi nese senso”, “unhas cantas fichaxes de moito prestixio e de moita calidade”, “un equipo que está máis rodado” que o Breogán, “imprimen un ritmo alto sen ser un equipo que xogue eminentemente ao contraataque”, “un xogo de bloqueo directo moi bo” con (Bruno) Fitipaldo, xogador “de calidade que de seguida se adaptou á categoría”, un conxunto con “perigo cos seus catro abertos”, “un xogo de poste baixo boísimo” con Deon Thompson, de “calidade Euroliga”, e “xogan moi ben sen balón”.

Definiu o partido coma “importante”.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here