InicioDeportesLa Vuelta volve presumir de gastronomía lucense

La Vuelta volve presumir de gastronomía lucense

O posto gastronómico '...E para comer, Lugo' volve a La Vuelta Ciclista a España

PUBLICADA O

- Advertisement -

A promoción gastronómica e turística da provincia de Lugo volverá estar presente na Vuelta Ciclista a España por décimo ano a través do estand ‘…E para comer, Lugo’. Promovido pola Xunta de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), o posto estará situado do 19 de agosto ao 11 de setembro nas saídas das 21 etapas.

Así, o estand atenderá os asistentes –ciclistas, patrocinadores e xornalistas, entre outros–, servirá aperitivos elaborados con produtos locais e difundirá exemplares da última edición da guía turístico gastronómica da campaña homónima.

Ao acto de presentación, celebrado este venres na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, acudiron o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o secretario de Apehl, Jacobo García-Bobadilla, e o director de La Vuelta, Javier Guillén.

“Con este expositor promoverase a través de degustacións ou da súa guía anual os produtos de calidade e os puntos de interese turístico da provincia lucense nun evento de gran impacto mediático e relevancia internacional”, asegurou Calvo.

Nesta lista de colaboradores atópanse os consellos reguladores da Ribeira Sacra, Tenreira Galega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo deo Cebreiro, San Simón da Costa, Queixo de Teto, Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Avimós, Asovega, Asoporcel, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela, Grelos de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia, Afapan, Aceite de Quiroga e Acruga.

Segundo o secretario da Apehl, “son os mellores representantes que podemos ter ante o público”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...