InicioDeportesAleksandar Cvetkovic, Lucio Redivo e Romaric Belemene, presentados no C.B. Breogán

Aleksandar Cvetkovic, Lucio Redivo e Romaric Belemene, presentados no C.B. Breogán

Romaric Belemene subliñou "a imaxe que xa se vía dende fóra, un pavillón que está cheo, coa afección, o proxecto ilusiona a todo o mundo, é tamén un equipo de oportunidades e o técnico sabe traballar cos xoves"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O base-escolta Aleksandar Cvetkovic, o escolta Lucio Redivo e o aleiro Romaric Belemene compareceron en rolda de prensa coma novos xogadores do Club Baloncesto Breogán.

Cvetkovic afirmou que o equipo “ten talento para xogar en ACB” e precisan “xogar duro”. Quique Fraga, director deportivo do Breogán, subliñou que “ten moi boa capacidade para xogar o pick and roll e facer grandes cousas nesta liga na posición de base”.

Lucio Redivo declarou que “entre todos” o equipo axudouse e agora están “moitísimo mellor e xa levantando a intensidade”, polo que xa teñen “outra dinámica”. “Foi un ano difícil e aproveiteino ao máximo”, explicou sobre a súa tempada pasada en Bilbao Basket, en ACB, a primeira da súa carreira ACB. “Agora coñezo un pouco máis”, engadiu. Fraga explicou que “é un xogador claramente ofensivo”, con “velocidade e capacidade para meter puntos” para “ser un xogador destacado”.

Pola súa banda, Romaric Belemene destacou “o proxecto do club, un equipo histórico que pelexou moitos anos” e que ten “moitas cousas que chaman a atención dun”, como “a imaxe que xa se vía dende fóra, un pavillón que está cheo, coa afección, o proxecto ilusiona a todo o mundo, é tamén un equipo de oportunidades e o técnico sabe traballar cos xoves”. Explicou que é “un equipo máis estable” con “xoves con moita enerxía” e “veteranos”. Xa competiu en ACB con Unicaja Málaga e Bàsquet Manresa, polo que cre que “volve á liga cun pouco máis de madurez”. Tamén quixo subliñar que deben “tentar competir cada partido, sempre con toda a humildade do mundo, dar guerra e desfrutar desta boa oportunidade”. Quique Fraga contestou que espera que “dé un salto de calidade” porque “ten capacidade de sobra para facerse un oco no equipo, aportar grandes cousas, especialmente o seu físico”.

 

 

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...