A capitá Irene Yáñez renova e o C.V. Emevé conta con 13 xogadoras

A central, de 23 anos e, 1.80 metros de estatura, defende as cores do equipo lucense dende 2011

Irene Yáñez. Foto de cvemeve.com

O Club Voleibol Emevé Lugo, que xogará na Liga Iberdroda a vindeira tempada, máxima categoría do voleibol español, comunicou a renovación da capitá Irene Yáñez Leiro, de 23 anos e 1,80 metros de estatura. Con esta central, xa son trece xogadoras na plantilla. Yáñez milita no equipo lucense dende 2011.

Segundo o Emevé, Irene Yáñez renova co “club que lle viu medrar e madurar coma persoa e xogadora, un exemplo de disciplina e loita, que fai dela unha magnífica xogadora e excelente capitá”. O club engade que sabe “o complicado que é mesturar deporte de alto nivel, traballo e estudos, pero sempre amosas que podes con todo”. “Grazas por estar con nós”, afirma o Emevé.

Hoxe en día, o Emevé conta con trece xogadoras en plantilla coa citada central Irene Yáñez, a a central Laura Villasante, a tamén central María Aguiar, a central Anllelivis Caballero, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González, a colocadora Carmen Saá, a aposta Julia Paradela, a colocadora Ivelina Avramova, a receptora Tea Andric´, a líbero Paula Lorenzo e a colocadora María Rodríguez Sanjurjo. Anllelivis Caballero, Ivelina Avramova, Tea Andric´e María Rodríguez Sanjurjo son as catro fichaxes polo do momento. Anllelivis Caballero e María Rodríguez Sanjurjo son xuvenís. A intención do club é contar con trece ou catorce fichas. 

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

O equipo xogará os partidos como local no pavillón municipal os sábados ás cinco da tarde, excepto a derradeira xornada, que comezará ás seis da tarde.

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here