InicioDeportesMatt Stainbrook despídese "triste" do Club Baloncesto Breogán, mais amósase "moi agradecido"...

Matt Stainbrook despídese “triste” do Club Baloncesto Breogán, mais amósase “moi agradecido” e con “moi boas lembranzas”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Matt Stainbrook, pívot do Club Baloncesto Breogán durante as dúas últimas tempadas, anunciou no seu perfil de Twitter que non continuará no club breoganista a vindeira campaña.

Amosouse “triste” por non continuar nun sitio con “tan boas lembranzas”, mais “moi agradecido pola oportunidade”.

O pívot estadounidense promediou durante as dúas tempadas como breoganista 10.6 puntos, 6.4 rebotes, 1.7 asistencias, 0.9 recuperacións e 0.5 tapóns para 16 de valoración en 22´13″.

Os bases Ricardo Úriz e Christian Díaz; os escoltas Salva Arco e Sergi Quintela; o aleiro Johan Löfberg; e os pívots Emir Sulejmanovic, Volodymyr Gerun e Herve Kabasele, neste caso recuperándose dunha lesión, teñen contrato en vigor nun equipo no que continúa Natxo Lezkano como primeiro adestrador e Quique Fraga é o novo director deportivo.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...