Johan Löfberg, terceira renovación do Club Baloncesto Breogán para a Liga ACB

Johan Löfberg. Foto de asturbasket.com

O aleiro Johan Löfberg é a terceira renovación do Club Baloncesto Breogán de cara a vindeira tempada na Liga ACB. O internacional sueco, de 23 anos e 1.99 metros de estatura, ascendeu á Liga ACB a campaña pasada co equipo breoganista e proclamouse campión da Copa Princesa. Promediou 9.6 puntos, 3.2 rebotes, 1.2 asistencias e 1.2 recuperacións para 8.9 de valoración en 23´48″ por partido. No campionato 2016-2017, xogou en Oviedo Baloncesto, tamén en LEB Ouro.

É a terceira renovación do Breogán despois da do base Ricardo Úriz e a do pívot Emir Sulejmanovic. Os bases Christian Díaz e Ricardo Úriz; os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco; o propio aleiro Johan Löfberg; e mailos pívots Matt Stainbrook, Herve Kabasele e Emir Sulejmanovic teñen contrato de cara a vindeira tempada. O adestrador será Natxo Lezkano por terceira campaña consecutiva e o novo director deportivo é Quique Fraga.

5 COMENTARIOS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here