InicioDeportesAs pistas das Pedreiras, Frigsa e O Palomar poderán usarse baixo reserva...

As pistas das Pedreiras, Frigsa e O Palomar poderán usarse baixo reserva dende o mércores 13

A reapertura destas instalacións deportivas está suxeita a un protocolo que inclúe, entre outras, distinción de franxas horarias segundo idades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Deportes, abrirá a partir deste mércores 13 de maio as pistas de atletismo das Pedreiras e as instalacións de tenis de Frigsa e O Palomar. A apertura destas instalacións deportivas ao aire libre, de acordo ás pautas fixadas polo Goberno, estará suxeita a un protocolo de obrigado cumprimento.

Segundo informou o concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, estanse levando a cabo tarefas de desinfección nas dependencias como paso previo á súa posible utilización. Unha vez isto sexa posible, non abondará con iso, senón que cómpre “actuar con responsabilidade e adoptar as medidas de hixiene”.

QUENDAS POR IDADES

O protocolo para o uso das instalacións inclúe distincións por franxas horarias, con quendas de 50 minutos, segundo idades. Así, os rapaces de ata catorce anos poderán acudir de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas; e os adultos, de 20.00 h. a 23.00 horas. En calquera caso, haberá que efectuar a reserva o día anterior á realización da actividade a fin de garantir a seguridade e a protección dos usuarios.

Nas pistas de atletismo, o aforo será de 30 persoas, mentres que nas pistas de tenis só poderán xogarse partidos de un contra un. Ademais, tanto os baños como os vestiarios permanecerán pechados. 

Para acceder á instalacións será preciso presentar o DNI así como asinar unha declaración responsable do cumprimento das normas de protección establecidas polas autoridades sanitarias, que será facilitada polo celador da instalación. No caso dos nenos e nenas, a declaración deberá estar asinada por algúns dos pais ou titor.

TELÉFONOS PARA AS RESERVAS

Para solicitar as reservas, o Concello indica que se pode chamar ao 010, o teléfono de información ao cidadán. Así mesmo, tamén estarán dispoñibles os das propias instalacións:  pistas de atletismo de Frigsa (982 297 423) ; pistas de tenis das Pedreiras (982 297 310) e pistas de tenis de O Palomar (680 560 148).

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...