InicioDeportesO porteiro lucense "Illi" renova con O Parrulo F.S.

O porteiro lucense “Illi” renova con O Parrulo F.S.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O porteiro lucense Ignacio González Almuíña “Illi” renova con O Parrulo Ferrol Fútbol Sala, equipo de Primeira División, por unha tempada, segundo confirmou o club. O acordo asinouse esta mesma mañá. O xogador lucense, de 26 anos, cumprirá a súa cuarta tempada no Parrulo, co que acadou o ascenso a Primeira en 2017 e a permanencia na máxima categoría este 2018. 

“Illi” xogou 34 partidos a pasada tempada. Segundo o club, “o seu xeito de xogar e o seu carácter sobre a pista e fóra dela valéronlle para ser un dos xogadores máis queridos por tódolos afeccionados e afeccionadas de O Parrulo Ferrol”.

Previamente, formouse no Azkar Lugo F.S. e xogou no seu primeiro equipo entre 2010 e 2015, sempre en Primeira División. Co Azkar, foi campión da Copa Xunta de Galicia en 2013.

“Illi” foi campión de España cadete coa selección galega.

O Parrulo Ferrol F.S. está adestrado polo técnico lucense Diego Ríos. O peche lucense Diego Núñez renovou co equipo o pasado 18 de xuño. 

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...