InicioSociedade20.000 euros da Deputación para o FIV de Vilalba deste fin de...

20.000 euros da Deputación para o FIV de Vilalba deste fin de semana

"Ademais de dinamizar socialmente a nosa provincia, ten un retorno económico importante para sectores como a hostalaría e o comercio", sostén o presidente da Deputación, José Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo destina 20.000 euros para a celebración do FIV de Vilalba, que terá lugar este fin de semana, con actuacións de grupos como Xoel López, Ortiga, A Ben Querida, Novidades Carminha e Zahara.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou coa alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, este acordo para unha cita que vai do 17 ao 19 de setembro.

“Ademais de dinamizar socialmente a nosa provincia, ten un retorno económico importante para sectores como a hostalaría e o comercio”, sostén Tomé.

Esta cita, que alcanza a súa 12ª edición despois de nacer en 2008, realizarase coas diferentes medidas anticovid cun formato adaptado aos condicionantes da pandemia. Haberá capacidade para un mínimo de 1.000 persoas e un máximo de 2.000.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...