InicioCulturaAs xornadas viaxeiras #LugoÉArtesanía continúan na zona "Sur" da provincia

As xornadas viaxeiras #LugoÉArtesanía continúan na zona “Sur” da provincia

Despois dun gran éxito na estrea en Mondoñedo, as xornadas #LugoÉArtesanía organizadas polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo e guiadas por Guido Guía continúan esta fin de semana en Sober e Sarria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cun aforo de 15 participantes por xornada, o programa #LugoÉArtesanía continúa este sábado a andaina comezada a pasada fin de semana en Mondoñedo.

Despois dun amplo percorrido pola artesanía do barrio dos Muíños, esta fin de semana será o turno de coñecer a olería da Reitoral de Gundivós e do Obradoiro Fígulus. Visitarase unha barreira e un forno comunitario, e xantarase de picnic nun dos marabillosos miradoiros da Ribeira Sacra. Pola tarde continuarase camiño cara o obradoiro do luthier Germán Arias en Sarria.

As persoas que queiran anotarse a esta ou a outras xornadas poderán facelo no correo info.centrad@deputaciondelugo.org ou chamando ao teléfono 982210066

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...