InicioCulturaXoán Montes volve á Praza Maior no aniversario do seu falecemento

Xoán Montes volve á Praza Maior no aniversario do seu falecemento

Este 24 de xuño organizarase un acto para colocar o seu busto no centro da cidade e realizarase unha ofrenda floral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O compositor lugués Xoán Montes, autor entre outras obras da música de ‘Negra Sombra’, regresará á Praza Maior de Lugo, en cuxo palco desenvolveu unha parte importante da súa profesión como músico, xusto no aniversario do seu falecemento.

O goberno local de Lugo confirmou que mañá, día 24 de xuño, cando se cumpre o 121 aniversario do falecemento de Xoán Montes, quedará oficialmente instalado na Praza Maior de Lugo o busto do compositor galego, que foi sometido a un minucioso proceso de restauración, despois de ser retirado dos xardíns de San Roque.

Aínda que houbo quen defendeu no seu momento que o busto do xenial compositor debía regresar á Praza de Santo Domingo, onde viviu o propio Xoán Montes, o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, explicou que o emprazamento elixido para recolocar o busto do músico responde á “iniciativa de varios colectivos vinculados á cultura na cidade de Lugo”.

Colectivos, explicou, que lideraron un movemento social para volver situar no centro da cidade a figura de Xoán Montes e que propuxeron a Praza Maior, porque gran parte da “súa actividade musical” foi desenvolta no palco da música de propia praza, no Círculo das Artes e na Catedral de Lugo.

Penas explicou que “o proceso” para recolocar o busto de Xoán Montes “comezou en marzo, coa realización das catas arqueolóxicas no novo emprazamento”, pero os traballos quedaron suspendidos pola COVID-19. O investimento realizado achégase aos 18.000 euros.

No acto institucional convocado para mañá tamén realizarán unha ofrenda floral aos pés do busto de Xoán Montes os que fosen directores da Banda de Música de Lugo Rosendo Iborra e Indalecio Fernández.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...