InicioCulturaBenedicta Sánchez gaña o Premio Goya a Mellor Actriz Revelación

Benedicta Sánchez gaña o Premio Goya a Mellor Actriz Revelación

Esta veciña do Corgo lembrouse da súa filla e netos e dedicoulle o premio a "Galicia, terra meiga". 'O que arde' tamén conseguiu o premio á Mellor Dirección de Fotografía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Benedicta Sánchez gañou o Premio Goya na categoría de Mellor Actriz Revelación polo seu papel no filme ‘O que arde’. 

Esta veciña do Corgo de 84 anos subiu a recoller o primeiro galardón que se entregaba esta noite. No escenario, agradeceu o recoñecemento e dedicoulle o premio á súa filla, que foi quen a levou ao casting en Navia de Suarna, e á súa “terra chica, Galicia meiga”.  Cunhas palabras en galego, deixou claro o orgullosa que se sente das súas raíces.

Ademais, Benedicta Sánchez pronunciou unhas palabras de agarimo hacia Oliver Laxe, director do filme, e todo o seu equipo. “Ningunha princesa recibiu trato tan marabilloso coma min”, resaltou.

Na categoría de Mellor Actriz Revelación tamén estaban nomeadas Carmen Arrufat (‘La inocencia’), Ainhoa Santamaría (‘Mientras dure la guerra) e Pilar Gómez (‘Adiós’).

GOYA Á MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA

‘O que arde’ tamén conseguiu o Premio Goya á Mellor Dirección de Fotografía, traballo desenvolvido por Mauro Herce. O catalán agradeceulle a Oliver Laxe a confianza depositada nel, pero tampouco quixo esquecerse dos brigadistas forestais que lles axudaron na rodaxe. “Velaron máis por nós ca por eles mesmos”, subliñou Herce.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...