Benedicta Sánchez gañou o Premio Goya na categoría de Mellor Actriz Revelación polo seu papel no filme ‘O que arde’.
Esta veciña do Corgo de 84 anos subiu a recoller o primeiro galardón que se entregaba esta noite. No escenario, agradeceu o recoñecemento e dedicoulle o premio á súa filla, que foi quen a levou ao casting en Navia de Suarna, e á súa “terra chica, Galicia meiga”. Cunhas palabras en galego, deixou claro o orgullosa que se sente das súas raíces.
Ademais, Benedicta Sánchez pronunciou unhas palabras de agarimo hacia Oliver Laxe, director do filme, e todo o seu equipo. “Ningunha princesa recibiu trato tan marabilloso coma min”, resaltou.
Na categoría de Mellor Actriz Revelación tamén estaban nomeadas Carmen Arrufat (‘La inocencia’), Ainhoa Santamaría (‘Mientras dure la guerra) e Pilar Gómez (‘Adiós’).
GOYA Á MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
‘O que arde’ tamén conseguiu o Premio Goya á Mellor Dirección de Fotografía, traballo desenvolvido por Mauro Herce. O catalán agradeceulle a Oliver Laxe a confianza depositada nel, pero tampouco quixo esquecerse dos brigadistas forestais que lles axudaron na rodaxe. “Velaron máis por nós ca por eles mesmos”, subliñou Herce.