InicioCultura"Lugo Km100", a nova marca turística de Lugo para impulsar o Camiño...

“Lugo Km100”, a nova marca turística de Lugo para impulsar o Camiño Primitivo

Será a proposta que Maite Ferreiro levará a Fitur, a Feira Internacional de Turismo que terá lugar en Madrid a finais de xaneiro do 2020.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no Concello de Lugo, Maite Ferreiro, presentou a campaña “Lugo Km100”, que pretende ser “unha aposta seria para fomentar o turismo e pór en valor a cidade e os diferentes camiños a Santiago que a atravesan”.

“Son catro os camiños de Santiago que atravesan Lugo e, ademais, na cidade contamos con tres patrimonios da humanidade: a catedral, a curalla e o Camiño Primitivo“, indicou Ferreiro, quen engadiu que “isto fai de Lugo un atractivo turístico de primeira orde dentro do denominado turismo de interior co que moi poucas cidades poden competir”.

A edil nacionalista indicou que esta será a campaña que a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua levará a Fitur, a Feira Internacional de Turismo que terá lugar en Madrid a finais de xaneiro do 2020. Ferreiro indicou que “o concello de Lugo está a 100 quilómetros exactos de Santiago de Compostela, a distancia mínima para obter a Compostelá”.

“Isto fai que Lugo poida ser un atractivo máis para as persoas que queiran facer o camiño por primeira vez, escapando da masificación do Camiño Francés ou como punto de partida dunha nova ruta”, indicou a responsable de Cultura, quen engadiu que “realizaremos accións que traballen para pór a Lugo no epicentro turístico do norte do estado”.

Ferreiro anunciou que a súa área está a traballar “en pór en valor e mellorar as infraestruturas e a estética do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, mellorando entre outras cousas, a sinalización do camiño”, e engadiu que “para atraer camiñantes”, están a estudar a creación dun selo e credencial propios de Lugo. A edil nacionalista anunciou tamén que “dentro da programación cultural, realizaranse actividades para a promoción do Camiño Primitivo”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...