InicioCulturaUnha proposta para pasalo ben en Lugo durante "o que queda de...

Unha proposta para pasalo ben en Lugo durante “o que queda de verán”

Un programa de actividades familiares prevé obradoiros e espectáculos musicais nos que se tratarán asuntos sociais como a homofobia, o feminismo, o medo ou o coidado da natureza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o programa de actividades ‘O que queda de verán’, dirixido a un público familiar. Esta iniciativa desenvolverase as tardes dos xoves dende mañá, 22 de agosto, ata o vindeiro 12 de setembro. As propostas inclúen obradoiros creativos e espectáculos, todos eles ubicados no patio do Vello Cárcere de Lugo.

‘O que queda de verán’ estréase mañá cun obradoiro de creación de instrumentos musicais con materiais de refugallo. Tamén haberá tempo para gozar do espectáculo ‘Cores, contos e Rock and Roll’, do Pakolas. A interacción coas nenas e nenos, a música e as cores e debuxos en directo da artista Laura Romero serán os principais atractivos para o público.

Do mesmo xeito, as actividades programadas para o día 29 contemplan un obradoiro de globofexia e unha actuación de Cozorellos Salvaxes, un grupo musical infantil que aborda os temas da homofobia e o racismo. A través das súas cancións, procuran concienciar en base ao feminismo e á diversidade.

No mes de setembro, en concreto o día 5, será tempo para un taller de traballos manuais de temática circense. Tamén actuará Martiña Soñadora, con Sabela King e Carlos Gil, unha ocasión para que as crianzas bailen ritmos brasileiros e portugueses, rock and roll e mesmo blues en galego e francés.

O programa de actividades péchase o 12 de setembro cun obradoiro de pintura e investigación en familia, que será impartido pola asociación socio-educatia Antonio Gandoy. O broche de ouro poñerano Diego Maceiras e Gloria Mosquera coa súa actuación ‘Contos para un mundo mellor’. O medo, o coidado da natureza, a empatía, a prudencia ou a cooperación serán algunhas das temáticas que aborden.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...